viernes, marzo 07, 2014

O VALEDOR DO POBO ADMITE A TRAMITE A QUEIXA DO PP DE LUGO

Elena Candia informou onte en rolda de prensa que o Valedor do Pobo admite a trámite a queixa presentada polos populares tras que a Deputación encriptase o contido das facturas. 
A Deputación de Lugo viña publicando periodicamente decretos de presidencia nos que se ordenaba o pago de distintas facturas e nos que se incluían conceptos tales como nome, data, número de factura e importe, ademais do concepto polo que se autorizaba a correspondente liquidación. .
Tras facerse público o pago, con diñeiro de todos os lucenses, de comidas á sindicalistas sobre o que o GPP tivo coñecemento a través destes decretos; a Deputación de Lugo cambia o modelo do documento, no que non se inclúe o concepto polo que se realiza o pago. .
A voceira dos populares explica que a través deste cambio nos decretos se está a reducir a transparencia, dificultar as funcións e control e fiscalización e deturpar unha información que se ofrecía ata agora. Deste xeito, apréciase que, a Deputación pretende evitar que poidamos supervisar toda a documentación e que, por exemplo, se podan dar a coñecer posibles novos casos como o denunciado polo PP. .
Ante esta situación, os populares solicitaron a intervención do Valedor do Pobo, polo que reciben con agrado a notificación e agradecen o seu traballo, ao tempo que agardan que sexan respetados os seus dereitos constitucionais e poder exercer así as funcións encomendadas da mellor maneira posible. .
Dende fai tempo os populares sofren limitacións para acceder á información, tal e como puxeron de manifesto a través dos medios de comunicación. Porén, estas restriccións víronse incrementadas nos últimos meses de forma moi acusada e despois de darse a coñecer asuntos que ao parecer non lle gustaron ao goberno provincial. “Dende que informamos aos veciños sobre o proceso de desvinculación do Breogán C.B., retrásasenos o acceso á documentación dos expedientes aprobados en Xuntas de Goberno”.

No hay comentarios: