martes, marzo 11, 2014

O PP DO GROVE TEN NOVA EXECUTIVA

Miguel Ángel Pérez resultou elixido presidente do PP do Grove, cun 97,6% dos votos dos militantes na celebración do Congreso local. Na clausura participaron Rafael Louzán, Paula Prado e numerosos cargos da comarca como os alcaldes de Cambados, Vilagarcía, Meaño e Ribadumia, a deputada nacional, Paz Lago, as deputadas autonómicas Marta Rodríguez e Rosa Oubiña, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ademais da secretaria provincial, Rocío de Sinde ou concelleiros da zona. A executiva encabezada por Pérez está formada por un total de 18 persoas entre as que figuran: Marta Domínguez, Juan Luis Callón, Fernando Meis, Manuel Ochoa, Fernando Casas, Benito Álvarez, Manuel Benavides, José Manuel Domínguez, Manuel Dieste, Miguel Míguez, Manuel Castro, Carolina Otero, Luis Iglesias, Maite Ferreira, Mónica Castro e José Manuel Mascato.
Louzán agradeceu o labor de todos os anteriores presidentes locais, “os que fixeron historia no PP do Grove”, e recordou que todas as eleccións dos últimos 16 anos as gañou o Partido Popular nese concello. Tamén tivo unhas palabras de recoñecemento aos concelleiros do PP na corporación municipal así como aos seus socios de Goberno Alfredo Bea e Aída Filgueira. Louzán incidiu ademais en que “estamos para gañar eleccións e para sumar, os nosos rivais non están aquí dentro, están aí fóra”, subliñou, en clara alusión aos afiliados do sector crítico que presentaron un escrito para impugnar o congreso, e que foi rexeitada ao non apreciarse ningunha infracción.

No hay comentarios: