lunes, marzo 31, 2014

O PP DE RIOS CELEBROU O SEU CONGRESO LOCAL

O Congreso Local do PP en Riós elexiu a. Francisco Armando Veiga Romero foi presidente local co 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes.
O presidente electo agradeceu o apoio recibido, e aproveitou para rememorar durante o seu discurso a acción de goberno municipal dos últimos anos e do que se leva acadado no municipio. No tocante á actividade orgánica do PP de Riós, Francisco Armando Veiga Romero abogou por "implicar á xente nova en política e darlle un impulso á nosa presencia nas novas tecnoloxías", sen esquecer que existen importantes necesidades no Concello como son "o parque empresarial, o centro de día ou centro sociosanitario e a traída de auga por caída, que nos permitirá aforrar nos custes do bombeo. E sen esquecer a necesidade de arranxar a conexión coa estrada N-525"
No Congreso Local de Riós tamén participou Jesús Vázquez, quen felicitou ao presidente local electo, á nova Xunta Local e a toda a militancia de Riós.
Pechou o Congreso Manuel Baltar, quen aplaudiu expresamente a intención do presidente local de implicar á xente nova en política, recalcando que "no PPOU estamos sempre abertos a novas ideas e novas formas de facer política, conxugando xuventude e veteranía e traballando sempre a prol das necesidades que nos transmiten os ourensáns e as ourensás. A cooperación é clave para acadar as nosas metas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ver que cuenta Mariano después de hacerse esta noticia. Otra hazaña del "terminal" Bolinaga que liberó hace año y medio:

El etarra Bolinaga, acusado de matar a un guardia civil en 1986

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/03/31/etarra-bolinaga-acusado-matar-guardia-civil-1986/00031396272334382165839.htm