miércoles, marzo 26, 2014

O PP DE CARBALLO ABRE O CAMIÑO

O PP de Carballo presentou unha moción sobre o recoñecemento e homenaxe de Carballo ó expresidente Adolfo Suárez. Esta moción abre o camiño a otras en distintos concellos de Galicia. A exposición de motivos e sinsela.
“É patente a unanimidade sobre a relevancia histórica do expresidente Adolfo Suárez. Será recordado como un dos artífices da Transición, pero tamén como o primeiro presidente elexido polos españois despois de 40 anos de dictadura. Coa perspectiva que da o paso do tempo, reálzanse os seus méritos, unánimemente recoñecidos por encima de diferencias ideolóxicas, como o máis firme defensor dos valores do diálogo, da concordia e do consenso. Son innumerables os logros que acumulou Adolfo Suárez, político valente e honesto que antepuxo sempre os intereses xerais, o estadista que soubo pilotar o paso da dictadura á democracia e inaugurou a época de maior progreso e paz na historia recente de España.”
Por todo o que representa a súa figura, e ademáis pola súa relación especial con Galicia, propoñen o seguinte acordo: “Como mostra de merecido recoñecemento, o Concello de Carballo adicaralle a Adolfo Suárez unha rúa ou Praza relevante no municipio.”

No hay comentarios: