viernes, marzo 28, 2014

O 26 DE ABRIL CONGRESO LOCAL DO PP DE COTOBADE

Os afiliados do PP de Cotobade mantiveron na tarde de onte unha co actual presidente local e alcalde, Jorge Cubela e os dirixentes do PP Provincial, Rocío de Sinde, secretaria provincial, e Luis Serantes, secretario de Organización. A reunión comezou coa intervención de Cubela, que fixo balance dos resultados electorais das últimas convocatorias e deu conta ademais da xestión do PP á fronte do Goberno local. Así mesmo, Cubela agradeceu o labor de todos os concelleiros, polo seu traballo e pola súa lealtade ao partido. "Mantendo, ao contrario das outras formacións políticas, un partido sen fisuras e do que só se fala pola súa xestión".
Cubela pediu ademais a aprobación da militancia para a a celebración do Congreso Local na data marcada pola dirección provincial, o 26 de abril. "Cremos que é o momento de constituír unha nova executiva, cos afiliados de sempre pero incorporando tamén á xente nova disposta a entrar", explicou Cubela. Neste momento e á espera de que o Comité Organizador do Congreso se faga cargo do partido ata a celebración do cónclave, o PP de Cotobade está dirixido por unha xestora local constituída en 2010 e presidida por Jorge Cubela.
Luis Serantes, comentou que este ano era o momento ideal para renovar as xuntas locais e ordenarse de forma interna para centrar todos os esforzos nas municipais de 2015. Serantes eloxiu a Cubela explicando que ten a ilusión e a forza da xente nova pero as maneiras dun veterano, e agradeceu o seu labor por "poñer a Cotobade no mapa"
Rocío de Sinde, subliñou a importancia da renovación das xuntas locais, así como da incorporación da xente nova "con ilusión e ganas" e trasladou o apoio do presidente provincial a Jorge Cubela para seguir dirixindo o partido a nivel local.

1 comentario:

Anónimo dijo...

De lo mejor que tiene el PP en la región.
Un chico sano.