lunes, marzo 03, 2014

MOVIDA CRITICA NO PP DE GUITIRIZ

As críticas de militantes do PP Guitiriz que nun primeiro momento dirixíronse á dirección local, foron máis lonxe, ata o punto de lanzarse a ameaza de crear unha nova forza política no municipio. As criticas van dirixidas o secretario da agrupación, José Trindade, sobre quen recaen a mayoría dos comentarios. A situación e tal, que a Dirección provincial do PP de Lugo lembra que existen canles internas dentro do partido para resolver as diferenzas que poidan existir na agrupación local de Guitiriz.
Nese senso, emprazan á militancia a un amplo debate que terá lugar na asemblea de afiliados que se celebrará a finais do mes de marzo. Consideran que este é o órgano axeitado no que se debe articular a participación directa e democrática da totalidade dos afiliados de Guitiriz e someter a discusión calquera cuestión.
Lembran que fai menos dun ano esta asemblea de afiliados elixiu por aclamación, co cen por cen dos votos, ao novo Comité Executivo e confían en que poida resolverse calquera discrepancia de xeito interno, articulando un debate construtivo e rebaixando a tensión.
Desde a Dirección provincial aclaran que non teñen constancia oficial nin de quen e cantos son os autores, nin do contido e peticións do escrito remitido á prensa pero confían en que articulen as súas demandas a través na xuntanza prevista “na que se pode discutir de todo”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

jejeje en breve saldran trapos sucios y algo de faldas, atentos todos