martes, marzo 18, 2014

MAIS POSIBILIDADES PARA GALICIA

Ao rematar a súa estadía en terras mexicanas para poñer rumbo a Panamá, Feijóo expresou a súa satisfacción polos avances acadados na viaxe, onde tivo a oportunidade de visitar as instalacións petrolíferas de PEMEX. “Ímonos certamente optimistas e confiados en que isto vai poder facerse e que ao longo dos vindeiros meses iremos conformando esta posibilidade de novos contratos”, manifestou. En México, concretou, “aproveitamos para ter unha reunión a maior nivel coa dirección xeral de Pemex, tanto co director xeral, Emilio Lozoya Austin, como cos seus principais directivos; en primeiro lugar, para agradecer o xa conseguido e, en segundo lugar, para afondar en máis posibilidades de negocio, máis posibilidades de construción naval. Máis posibilidades, en definitiva, de dar emprego aos estaleiros galegos”, remarcou.
A viaxe serviu para constatar tamén “que o mundo do petróleo é todo un sector económico dunha enorme importancia no mundo”. O número de plataformas e de barcos complementarios e de apoio a cada unha delas, dixo, “é todo un sector económico e industrial, e Galicia ten que estar aí, temos que incorporarnos e temos que buscar o noso oco no sector do petróleo tomando neste caso como referencia a Pemex como o noso aliado estratéxico”.
Precisou, ademais, que a súa presenza en México permitiu afondar nas relacións co Goberno do país, en concreto co departamento de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano, que dirixe Jorge Carlos Ramírez Marín. Neste sentido, Feijóo puxo de relevo as necesidades de México de seguir construíndo máis edificacións e vivendas, e de rehabilitar espazos urbanos. E, neste punto, expresou a súa confianza en que tamén as empresas galegas poidan tomar parte deses proxectos. “A relación co ministro do ramo é unha relación cordial e eu espero que empresas consultoras, e empresas de enxeñaría e de dirección e seguimento de obra poidan ter oportunidades, igual que empresas construtoras galegas”.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Para min que ten moza (rica herdeira) en Mexico.

Anónimo dijo...

Jajajaja, le gusta mucho el otro continente, curioso, verdad?

Anónimo dijo...

Feijoo ha mezclado demasiado la política con una empresa concreta privada. Xunta = Pemex = gobierno mexicano. A ver si non é pan hoxe e máis fame mañán... que unha petrolera mexicana consiga colarse dentro da UE con éxito e en sectores comunitarios extratéxicos e algo aínda por ver.

Anónimo dijo...

¿Quen deles ten moza?.