martes, marzo 18, 2014

GONZALO DURAN ACLAMADO PRESIDENTE

Os afiliados do PP de Vilanova elixiron por aclamación a Gonzalo Durán presidente do PP de Vilanova de Arousa no congreso local celebrado esta fin de semana na casa da cultura do Esteiro. Durán estivo arroupado por Rafael Louzán, Pilar Rojo, ademais dos alcaldes de Vilagarcía, Tomás Fole, o de Cambados, Luis Aragunde, a secretaria provincial, Rocío de Sinde ou o secretario de organización provincial, Luis Serantes, que se encargou de ler o comunicado provincial. Durán, alcalde popular desde 1995e presidente local desde 1996, incidiu en que na súa candidatura "estaban todos os afiliados e militantes de Vilanova, sen excluír a ninguén".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Serantes, Louzan... Menuda mafia...

mr jiminy cricket dijo...

Con todos mis respetos a Pilar Roja, y las demás autoridades, las elecciones "por aclamación" no son de recibo.