viernes, marzo 07, 2014

ESTE SABADO IX CONGRESO DE NN.XX

Novas Xeracións márcase como principal obxectivo para os vindeiros anos ser o altofalante da xuventude ante as distintas administracións. Así o defenderá a no seu IX Congreso autonómico, que terá lugar o sábado, onde presentará as tres ponencias que actuarán como eixo vertebrador da súa acción política nos próximos tres anos. En ditos textos, Novas Xeracións describe os seus obxectivos, traza a súa folla de ruta a seguir e actualiza os regulamentos que rexen o seu funcionamento.
Na ponencia A xuventude, herdeira e protagonista de Galicia, redactada por Sergio Camiña, Rosa Arza e Arturo Casal, NNXX fai fincapé no seu papel de ser o órgano transmisor das inquedanzas da xuventude no seo do partido e das administracións. Así, afonda na necesidade de trasladar aos xestores a importancia de apostar por políticas sociais, educativas e de emprego que teñan como obxectivo aos máis novos.
No ámbito da educación, Novas Xeracións loitará por que se fomente a cultura do esforzo entre a xuventude e un sistema educativo onde se faciliten coñecementos pero tamén se aprendan habilidades. Así mesmo, destaca a necesidade de apostar por unha formación dual e por implementar políticas que revertan as cifras de abandono escolar.
No relativo ao emprego, Novas Xeracións fai fincapé fundamentalmente na necesidade de fomentar o espírito emprendedor a xuventude, así como de activar as ferramentas necesarias para facilitar o emprendemento e incentivar actividades relacionadas coa innovación.
Por outra banda, destácanse propostas como estimular o aluguer da vivenda entre a xuventude ou apostar por programas de mobilidade europeos becados. Para a organización, é fundamental que se sigan levando a cabo medidas como o Plan de Emprego Xuvenil que acaba de poñer en marcha o Goberno de Feijóo.
Na ponencia titulada Os mozos como actores sociais e políticos á fronte das institucións, os relatores Jorge Cubela, Susanna Rodríguez e José Estévez subliñan a importancia que os mozos e mozas formen parte activa da vida política e das institucións. O texto invita ás bases da formación a ser críticos, a deixar a un lado o conformismo e a participar activamente achegando propostas efectivas.
Para Novas Xeracións, deste xeito conseguirase loitar contra a desafección pola política que padece boa parte da xuventude e demostrarase que se pode seguir confiando nela. Así, faise un chamamento aos mozos e mozas para que formen parte das institucións e organismos que lles son máis próximos, como os consellos escolares nos centros de estudos, as asociacións universitarias e culturais, ou as canteiras do partidos.
Trátase de trasladar a visión da xuventude á sociedade, de implementar a través de NNXX propostas efectivas en materia de educación ou emprego, entre outros temas, para que cheguen aos partidos e axentes de goberno, aumentando o peso da voz da mocidade no seo das institucións.
Deste xeito, lograrase poñer á mocidade en condicións de formar parte das corporacións municipais ou os parlamentos e ter unha representación visible a nivel social e político.
Por outra banda, no texto Os regulamentos dunha formación que evoluciona contigo, a cargo dos relatores Ricardo Manuel Castro e Fernando Carreiras, Novas Xeracións incorpora novidades como dotar ao Comité Executivo da formación da capacidade de aprobar a creación de organizacións de ámbito comarcal.
Trátase de organismos de especial relevancia para que Novas Xeracións chegue a tódolos recunchos de Galicia, incluso aos concellos máis pequenos ou onde non haxa unha organización local. O órgano de dirección será o Comité Comarcal, que será o encargado de xestionalas, e os coordinadores comarcais pasarán a formar parte da Xunta Directiva autonómica.
Así mesmo, Novas Xeracións, “no avance descentralizador cara estruturas máis próximas aos cidadáns”, apela ao seu compromiso municipalista e creará unha Intermunicipal que coordinará a actividade da organización nos diferentes concellos da comunidade.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

FELICITACIONES AL COMITÉ ORGANIZADOR Y TODOS LOS PONENTES POR SU LABOR.
ENHORABUENA AL EQUIPO SALIENTE POR EL TRABAJO REALIZADO, Y OS DESEO LA MEJOR DE LAS SUERTES AL ENTRANTE, AUNQUE ALGUNOS YA SABEN LO QUE ES TRABAJAR DURO.
UN BESAZO ENORME A SANDRA, JOSE, YAGO, JULIA, BEGO, SUSANA...

Anónimo dijo...

Pues a mi el secretario no me gusta, preferia a Víctor Valle, pero entiendo que esta ya mayor y no puede ir!
ya q Valle no podía, mi preferido sería Miguel Orgueira!

Anónimo dijo...

Que alguien le compre una camisa, o que le diga que hay más colores que el negro! Por favor!!!

Anónimo dijo...

Digan lo que digan, el mejor era Gerardo Lopez Albor.... Le podemos hacer más joven?

Anónimo dijo...

Por favor! Queremos a Gerardo Albor de Secretario, Presidente, Vicesecretario
ALBOR SIEMPRE CON NNGG!!!!

Anónimo dijo...

Me estáis punteando????

Anónimo dijo...

Creo que asistieron miles de jóvenes. ...

María dijo...

Madre mía.......y que aún no se tenga el suficiente cerebro para darse cuebta de lo mierda que es esto.....Lamentable, muy lamentable. Así nos ponen en el extranjero con seres como vosotros/as...........Vuestra justicia e igualdad me la paso por el forro. Que vergüenza, como se nota que recibir recibir información no tiene nada que ver con comprenderla.

María dijo...

Jajajajajajajajaja y hasta teneis que aprobar primero los comentarios antes de publicarlos jajajajajajaja ¿de qué teneis miedo?