lunes, marzo 31, 2014

ESPIÑO PRESIDIRA O PP DE SILLEDA

José Luis Espiño, actual portavoz do PP de Silleda, covértese no único aspirante a liderar o partido na localidade tras ser o único que presentou a súa candidatura e os avais requeridos ao Comité Organizador do Congreso. Xa rematou o prazo para a presentación de candidaturas e Espiño aportou o apoio de 167 afiliados silledenses, tres veces máis dos esixidos polo COC. José Luis Espiño, naceu na parroquia silledense de Lamela en 1967. Bombeiro de profesión, entrou a formar parte das listas do PP en 2011, figurando como número 4 na lista encabezada por José Carlos Pin. Trala dimisión deste, Espiño asumeu a portavocía do Grupo Popular, cargo que vén desempeñando desde 2012.
Espiño explicou que os apoios foron recollidos por todas as parroquias, e dispón ademais dos avais necesarios para conformar candidatura que terán que ser entregados 48 horas antes da celebración do congreso. O Comité Organizador do Congreso, que se celebrará o próximo 5 de abril, está presidido por Juan Salgueiro, e confórmano ademais Roberto Vázquez, Paula Salgueiro, Yolanda Lojo e Brais Abeledo.

No hay comentarios: