lunes, marzo 03, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE TRASMIRAS

Celebrouse o Congreso Local do PP de Trasmiras. Emilio José Pazos Ojea foi elixido presidente local co 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes.
O presidente local electo quixo lembrar na súa primeira intervención a todos aqueles concelleiros, afiliados e militantes que sempre traballaron a prol do PP e de Trasmiras e que xa non están, así como ao ex alcalde popular Adolfo Sueiro. E tivo tamén un recordo para os concelleiros do PP que estiveron traballando durante 16 anos na oposición. No tocante aos obxectivos que se marcan para a Xunta Local, Emilio Pazos destacou a sintonía co grupo de goberno municipal para "poder aproveitar os nosos recursos propios e a nosa privilexiada situación xeográfica a estructural para acadar un desenvolvemento sostible no municipio onde podamos seguir optimizando servizos en vez de subir os impostos". Ademáis, Emilio Pazos destacou que co novo Plan Xeral de Ordenación, "temos unha ferramenta fundamental para apostar por fixar poboación nova no municipio, cun impulso ao parque empresarial e podamos abrir o noso municipio a outros sectores aparte do agropecuario, sen esquecer que co turismo tamén podemos aproveitar os nosos recursos para atraer a xente que consuma en Trasmiras".
No Congreso Local de Trasmiras tamén participou Pedro Puy Fraga, quen animou á nova Xunta Local de Trasmiras a seguir traballando como ata o de agora a prol dos intereses dos veciños.
Pola súa banda, Manuel Baltar, encargado de clausurar o congreso local, recalcou que a aposta pola xuventude manifestada en Trasmiras "evidencia que no PPOU cremos nos xóvenes e, sobre todo, na frescura dos plantexamentos. E sen esquecer que o sabemos conxugar perfectamente coa experiencia e a veteranía. A cooperación a todos os niveis é algo irrenunciable para o PP de Ourense".

No hay comentarios: