viernes, marzo 28, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE PADRENDA

Onte celebrouse o Congreso Local do PP de Padrenda. A única candidatura presentada foi a encabezada por Manuel Pérez Pereira, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios que participaron nesta elección. Manuel Pérez Pereira aproveitou a súa intervención para agradecer o unánime apoio recibido, así como aos membros da nova Xunta Local que o acompañarán nesta nova andadura do Partido Popular en Padrenda. No tocante aos proxectos previstos, o recén elixido presidente local fixo un repaso a todo o que se acadou para o municipio dende 1991, ano no que accedeu á Alcaldía, como foron as melloras no saneamento e abastecemento, a urbanización de prazas públicas, pistas e beirarrúas; a construcción do polideportivo, das piscinas municipais e da Casa da Cultura, entre outras moitas. Manuel Pérez Pereira puxo o acento no seu principal obxectivo actual: "Queremos acadar por fin o remate da residencia da terceira idade, unha necesidade crecente tendo en conta as características poboacionais do noso municipio".
Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local. Agradeceu expresamente aos militantes de Padrenda o intenso traballo levado a cabo no PP deste municipio, refrendado con creces nas sucesivas citas electorais. Ademáis, sinalou que "o traballo en equipo e a colaboración definen as políticas do PPOU", ilustrando que as obras e proxectos postos enriba da mesa por parte do presidente local "teñen nesta premisa a súa principal razón de ser".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ourense provincia no existe Baltarín...

Anónimo dijo...

Existe a túa cachola...