lunes, marzo 10, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE FORNELOS

Juan Manuel Batista Oviedo resultou elixido presidente do PP de Fornelos no Congreso celebrado esta fin de semana. Batista recibiu o apoio da secretaria provincial do partido, Rocío de Sinde, así como da deputada nacional, Irene Garrido, e o director xeral da Administración local, Alberto Pazos, que participaron ademais na clausura do Congreso. Asistiron ademais, os alcalde e presidentes locais da zona, así como o secretario de Organización, Luís Serantes, e o Coordinador de Participación e Mobilización da directiva provincial, Manuel Lores, que se encargou ademais de dar lectura ao Comunicado Provincial. Os participantes na clausura coincidiron en destacar os bos resultados que o PP conseguiu nas convocatorias electorais dos últimos anos.
Juan Manuel Batista ata a celebración deste congreso o presidente da xestora do PP local creada en 2011. Incorporouse á política activa como candidato á alcaldía de Fornelos de Montes en 2011, e é actualmente o voceiro do grupo municipal popular neste concello. Naceu en 1959 e é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 incorporouse ao cadro de persoal do Hospital Xeral-Cíes, onde traballa desde aquel entón no servizo de Urxencias.
A candidatura encabezada por Batista Oviedo, aprobada polos afiliados para dirixir o partido nos próximos anos, conta cun total de 18 membros, entre os que ademais de Batista como presidente figuran: Jesús Rubianes, José Luis Pazo, José Costas, Eva Vanessa Piñeiro, Francisco Domínguez, Pilar Montes, Elías Blanco, María Estrella Plata, María Leonor Lage, Placeres Albán, Lorenzo M. Castro, Rosana Rivas, José Manuel Paz, Manuel Amoedo, Francisco Amoedo, Plácido Pillado, Ricardo Muíños, Raimundo Domínguez e Aurora Gómez.

No hay comentarios: