lunes, marzo 31, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE BANDE

O Congreso Local do PP en Bande celebrouse esta fin de semana, José Antonio Armada Pérez foi elixido presidente local co 100% dos votos emitidos polos compromisarios participantes.
Armada Perez agradeceu o apoio recibido, que supón a renovación da confianza da militancia popular en Bande. Articulou o seu discurso en torno ao compromiso adquirido polo PP coa realidade actual e a obriga de acadar solucións que redunden na mellora do benestar dos veciños e veciñas de Bande. Ademais sinalou que "o noso obxectivo fundamental é contribuir a mellorar as condicións de vida no rural e que en Bande sexamos os primeiros en saír desta situación difícil para moitas familias".
No Congreso Local de Bande tamén participou, Rosa Quintana, quen salientou o intenso traballo orgánico que está a levar a cabo o PPOU, con preto de 40 congresos locais celebrados ata o día de hoxe.
Pola súa banda, Manuel Baltar, precisou que os populares "somos unha referencia para a maioría da xente e a única forza política que está comprometida coa realidade e as inquedanzas dos nosos veciños e veciñas. O noso traballo diario nos avala e atopámonos en tempos de gobernanza e de cercanía, polo que temos que exercitar a política en maiúsculas: falar cos veciños e, sobre todo, escoitalos para que a través da cooperación, todos rememos en favor de acadar as melloras necesarias para o benestar dos ourensáns e ourensás".

No hay comentarios: