martes, marzo 18, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE AGOLADA

Ramiro Varela, resultou elixido presidente do PP de Agolada no congreso celebrado no Centro Social da Terceira Idade do municipio. Nacido en Agolada en 1957, Ramiro Varela Peón é funcionario e alcalde de Agolada desde 2005. Comezou a súa carreira política en 1991 nas listas do Partido Popular, máis tarde saíu elixido concelleiro e en 2005 alcalde. Desde aquela, gañou cada unha das citas electorais celebradas. A última en 2011 cando volve a repetir resultados con maioría absoluta. Actualmente é ademais o presidente do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das comarcas do Deza e Tabeirós Terra de Montes.
O cónclave serviu ademais para renderlle homenaxe ao recentemente falecido, Manuel Costa Casares, que foi alcalde desde 1979 ata decembro de 2005, cando tomou o relevo na alcaldía o actual rexedor Ramiro Varela e houbo un recordo tamén para o expresidentes do PP, Francisco Balboa, o último presidente local elixido no congreso celebrado en 1992 e que permaneceu no cargo ata o seu falecemento en 2008, data na que Ramiro Varela se fixo cargo da xestora do partido.
A candidatura presentada por Varela e avalada polo voto dos afiliados que dirixirá o partido nos vindeiros anos é a seguinte: Ramiro Varela, Héctor Martínez, Yolanda Ferro, Carlos Fernández, Alberto Vilariño, María del Carmen Val, Milagros Areán, Norberto Peiteado, María Jesús Vázquez, Juan José Coego, Diego Berredo, José Gabriel Ribadulla, Julio Taboada, Manuel Crespo, Mª Natividad Liñares, Jaime Berredo, Ana Isabel Val, Luis ramos, Rafael Lois, Luis Vilarió, Nilo Taboada, Bruno López, Ricardo González e Alberto Pereiro.
Varela estivo respaldado por Rafael Louzán, José Manuel Cores Tourís, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, o de Vila de Cruces, Jesús Otero, o alcalde de Rodeiro Luís López, a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, o deputado autonómico, Román Rodríguez, o director xeral de desenvolvemento rural, Antonio Crespo, a secretaria provincial, Rocío de Sinde e o secretario de organización, Luis Serantes

No hay comentarios: