lunes, marzo 10, 2014

CARAVEL BRANCO NO DIA DA MULLER

A presidenta e voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, acompañada de representantes da agrupación local conmemoraron o Día Internacional da Muller. O fixeron cun acto simbólico, no que, as populares entregaron un caravel branco a cada muller emprendedora da vila, en sinal de recoñecemento polo seu esforzo, tenacidade e contribución ao crecemento económico do Concello. A voceira dos populares puxo de manifesto que cada vez son máis as mulleres que deciden poñerse á fronte dun negocio e mostrou a súa satisfacción posto que continúa aumentando a presenza de mulleres na xeración de novas iniciativas emprendedoras.

No hay comentarios: