lunes, febrero 24, 2014

XUNTANZA TRADICIONAL DO PP DE POL

A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, convidou a tódolos militantes, afiliados e veciños a participar na tradicional xuntanza que os populares levan a cabo, dende o pasado mes de xuño, o último sábado de cada mes. Dito encontro celbrouse o sábado, no Teleclub de Silva e no que os populares, como é habitual, deron conta do que o grupo municipal está a levar a cabo e no que os asistentes tamén poderán expoñer as súas inquedanzas e opinións. O obxetivo principal destes encontros é facer autocrítica polo que instou a tódolos veciños a asistir e a pasar unhas horas entre amigos e en familia.

No hay comentarios: