lunes, febrero 10, 2014

VIII CONGRESO DO PP DE MOAÑA

Celebrouse esta fin de semana o VIII Congreso do PP de Moaña no que resultou elixido presidente o único candidato, o alcalde José Fervenza. Asistiron o congreso Feijoo, Rafael Louzán, Alfonso Rueda, xunto a outros membros da executiva provincial, alcalde e voceiros da comarca. O acto congregou a centos de afiliados e simpatizantes. Trala benvida de mans do presidente do Comité Organizador do Congreso, José Pastoriza Pazó, constituíuse a mesa do Congreso, dirixida por Luisa Piñeiro e comezaron as intervencións e a lectura dos informes. No acto interviron ademais da presidenta de NNXX de Moaña, Marta Trigo, e a secretaria provincial, Rocío de Sinde, o primeiro presidente do partido na localidade, Sebastián Juncal. Tras estas intervencións, deuse paso á presentación do único candidato á presidencia do PP local, José Fervenza, que fixo público os nomes dos 39 homes e mulleres que o acompañarán e conformarán a lista da que será a nova Executiva dos populares de Moaña. Na clusura participou ademais de José Fervenza, Feijoo e Rafael Louzán, quen coincidiron ao destacar o extraordinario labor do actual alcalde desde que en 2011 accedeu ao Goberno local tras gañar as eleccións municipais. A nova executiva esta composta por 20 homes e 19 mulleres, entre os que están os concelleiros do grupo popular así como os membros de NNXX, figura como vicepresidenta María Luisa Fervenza, como secretaria, Luisa Piñeiro e como tesoureiro Antonio Pastoriza. Os encargados dos colectivos veciñais serán José Pastoriza e Vicente Verdeal; a encargada dos colectivos culturais será María del Carmen Juncal, e dos deportivos, Francisco Parcero; das relación coa Emigración encargarase Manuel Pena e entre os vogais figuran ademais: Celestino Faria, Nieves Santos, Carlos Juncal, Carlos Trigo, Javier Abal, José Manuel Juncal, Estela Santomé, José Iglesias, Dolores Fernández, Josefa Coello, Manuel Fernández ou Jorge Luis Vidal.

No hay comentarios: