jueves, febrero 20, 2014

UN NOVO CASO DE XESTION PARTIDISTA NA DEPUTACION DE LUGO

Gómez Besteiro, concedeu dende o ano 2008, subvencións por máis de 340.000 euros a unha asociación con domicilio fóra da provincia de Lugo, onde traballan persoas que teñen unha clara vinculación co BNG, socio de goberno do socialista. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) percibiu anualmente da Deputación de Lugo dende o ano 2008 subvencións de carácter nominativo, por un importe total que suma máis de 50 millóns de pesetas.
Elena Candia, explicou que o posicionamento do partido non é contrario á citada asociación, senón ao uso que o goberno de Gómez Besteiro lle está a dar ao reparto das subvencións nominativas; ata o punto de priorizar entes deslocalizados ás propias agrupacións provinciais.
Por exemplo, na anualidade 2008, é necesaria a suma das axudas percibidas por ata oito entes lucenses para que iguale á contía de 50.000 euros que se lle destinou á asociación coruñesa o referido ano. E inclusive, nun só ano a Deputación lucense concédelle unha subvención superior á Asociación Socio-Pedagóxica, que a administración coruñesa en catro anos. Trala análise da documentación, puideron comprobar que persoas que traballan para esta asociación, e que figuran na conta xustificativa da subvención; están vinculados co BNG, socio de goberno de Gómez Besteiro na Deputación. Tanto e así que na relación de gastos polo custo total da actividade subvencionada, por exemplo durante o 2012, figuran concelleiros do BNG e membros de listas electorais en municipios incluso das provincias de Pontevedra e A Coruña; e a maiores integrantes do consello do BNG en Lugo.
Se está ante un novo caso que amosa a xestión descaradamente partidista e indebida que o presidente da Deputación de Lugo e os seus socios de goberno están á levar a cabo con fondos públicos de todos os lucenses. As axudas a entes afíns politicamente e deslocalizados da provincia estanse a converter nunha constante na Deputación de Lugo, como xa denunciaron os populares noutras ocasións, a través de entes como Solga, Fundación Luís Tilve e Bautista Álvarez.

No hay comentarios: