martes, febrero 18, 2014

REORGANIZACIÓN DOS DIPUTADOS NAS COMISIÒNS

Pedro Puy, presentou onte a nova reorganización dos deputados do PP nas distintas comisións do Parlamento, logo da creación do Grupo Mixto na Cámara galega. Puy salientou que esta nova situación, na que o Grupo Popular pasará a contar con oito membros en cada comisión, conleva “máis responsabilidade, máis presenza en comisións e máis traballo para os integrantes do Grupo Popular”. A creación do Grupo Mixto no Parlamento galego supuxo un incremento de membros das comisións, pasando de 12 a 14 o número de deputados que as integran. Esta situación supón que o Grupo Popular pase de 7 a 8 deputados nas distintas comisión, o que fixo preciso “unha redistribución do traballo dos deputados, que terán que asumir novas responsabilidades ao incorporarse a novas comisións”. “En relación co número de deputados que ten cada grupo parlamentario na Cámara, o Grupo Popular é o que máis presenza proporcional dos seus membros require en cada comisión, xa que é necesario que unha quinta parte dos membros do grupo estean presentes en cada convocatoria”, subliñou Puy. Tamén manifestou que este incremento da presenza de deputados do Grupo Popular “implica un traballo adicional” para os seus membros, “que todos asumiron con ánimo de colaboración e con responsabilidade”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pedro? esperta homiño...zzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzzz... pero ti... zzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzz...e que non fas nadiña...zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz

Anónimo dijo...

Zzzzzzzzzzzzzzz, zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz, jorn fi fi fi finfi, zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz