jueves, febrero 13, 2014

QUEIXA O VALEDOR DO POBO POR ENCRIPTAR FACTURAS

O PP de Lugo presentou ante o Valedor do Pobo unha queixa tras que a Deputación de Lugo decidise encriptar as facturas, eliminando o concepto en virtude do cal se realizan as liquidacións. A Deputación de Lugo viña publicando periodicamente Decretos de Presidencia nos que se recoñecía e se ordenaba o pago de distintas facturas relacionadas coa actividade provincial. Ata o de agora, estes decretos incluían varios conceptos, tales como nome, data, número de factura e importe, ademais do concepto polo que se autorizaba a correspondente liquidación. Tras que algúns destes conceptos desen lugar a importantes polémicas, como consecuencia do destino final dos fondos que figuraban nos distintos conceptos, como foi o caso da confirmación dun pago, con diñeiro público, para comidas á sindicalistas da UXT; a Deputación de Lugo cambiou o modelo de Decretos, con ausencia do concepto polo que se realiza o pago. O PP denuncia que este cambio ten por obxecto reducir a transparencia dos datos ofrecidos, dificultar as funcións de control e fiscalización e deturpar unha información que se ofrecía ata o de agora en coherencia das normas de bo goberno. Así, a Deputación pretende evitar que o PP poida supervisar toda a documentación e que así dean a coñecer posibles novos casos como o relativo á UXT.
Dende o Grupo Provincial do PP explican que cando un cargo representativo exerce as súas funcións non debe atopar cortapisas inxustificadas, pois doutro xeito vulnérase o seu dereito ao exercicio de representación política. Este comportamento se engade a outros obstáculos que de xeito crecente están a impoñer dende o Equipo de Goberno da Deputación de Lugo, como é o caso da limitación ao dereito de acceso á información no tocante aos expedientes aprobados nas Xuntas de Goberno. Dende o PP explican que esta dificultade para acceso ás informacións das Xuntas de Goberno se deu dende que os populares deran a coñecer o proceso de saída do C.B. Breogán. Deste xeito, o PP mediante un escrito solicitou a intervención do Valedor do Pobo a fin de que os dereitos constitucionais sexan respectados e, en particular, recomendando á Deputación de Lugo que facilite aos membros da Corporación a información que, precisa o PP en exercicio da función representativa para o correcto desempeño do cargo e das funcións encomendadas e, en particular, a de fiscalización e control da acción de goberno.

No hay comentarios: