martes, febrero 25, 2014

PRECAMPAÑA POR POLONIA

Algún eurodeputado xa anda de precampaña, e o caso de Francisco Millán Mon que visitou Cracovia (Polonia) esta semana con ocasión dunha reunión da Mesa do Grupo Parlamentario do Partido Popular Europeo. Como presidente do Intergrupo Caminos de Santiago do Parlamento Europeo, Millán Mon entrevistouse co Presidente da Cofradía do Apóstol Santiago de Michalowice (localidade cercana a Cracovia), o doutor Franciszek Mróz, e outros directivos da mesma, entre eles o párroco da Igresia do Apóstol Santiago, Ryszard Honkisz. Esta Cofradía é unha das seis asociacións xacobeas existentes en Polonia e unha das máis activas. Foi unha das organizadoras, en setembro do 2013, en Cracovia, dunha importante reunión internacional de Asociacións de Amigos de Santiago e Cofradías, con gran éxito de asistencia. A Cofradía tamén promove a señalización dos Camiños de Santiago en Polonia, onde xa se contan por miles os quilómetros señalizados de rutas xacobeas. Millán Mon informou aos seus interlocutores polacos das numerosas actividades previstas pola Xunta de Galicia para este ano 2014, no marco dun ambicioso programa adoptado con ocasión do VIII Centenario da peregrinación a Santiago de San Francisco de Asís.

2 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

Además, si no recuerdo mal, Cracovia está en el Antiguo Reino de Galicia y Lodomeria...

Anónimo dijo...

Tamen de paso pode visitar Sanxenxo e mire a desfeita das playas pola concesion a os amigos e donde un cuñado forma parte da diretiva.