miércoles, febrero 26, 2014

ONCE ANOS DESPOIS CONGRESO LOCAL NO GROVE

Miguel Ángel Pérez convértese no único aspirante á presidencia do PP local do Grove despois de que se pechara o prazo para a presentación de candidaturas a liderar a formación local. Así o comunicou o presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Luis Callón, quen explicou ademais que o candidato á reelección, conseguiu o apoio de 91 militantes do PP do Grove, 41 máis dos esixidos polo regulamento do Congreso, e ten ata o día 7 de marzo para presentar a candidatura e os avais necesarios. O congreso celebrarase o domingo, 9 de marzo ás 12.00 horas na Casa da Cultura Manuel Loureiro Rey. O Comité Organizador do Congreso está presidido por Juan Luis Callón Cameán, a vicepresidenta é Marta Domínguez Sineiro, o secretario Fernando Meis García e os vogais Benito Álvarez López e Manuel Domínguez García. Miguel Ángel Pérez naceu no Grove en 1958. É o presidente da xestora do PP local desde 2006. É concelleiro do grupo Popular municipal desde 1991 e foi alcalde desde 1999 ata 2007, ano no que perde a alcaldía e pasa a ser o voceiro do grupo popular e o xerente do Parque de Bombeiros do Salnés. En 2011 volve a encabezar as listas municipais do Partido Popular e consegue ser a forza máis votada, recuperando de novo a alcaldía.

No hay comentarios: