martes, febrero 18, 2014

O PP INAUGURA SEDE EN PORTO DO SON

Diego Calvo, salientou onte que a nova sede do PP en Porto do Son terá sempre as portas abertas para todos os veciños, e afirmou que o local inaugurado onte a tarde será un espazo para o traballo de todo o grupo municipal pero, sobre todo, un lugar para a recepción e atención dos cidadáns. Acompañado polo alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, concelleiros e membros da agrupación local, Calvo agradeceu a todos os integrantes do partido o “grande traballo” e a “preocupación” que mostran polos problemas do concello e por atender as necesidades dos seus veciños. Ademais, e diante de diferentes membros do PP no Barbanza, o secretario xeral felicitou aos integrantes do grupo municipal en Porto do Son por ser quen de “sacar tempo para coidar dos cidadáns desde o seu traballo no Concello” e sacalo tamén para “coidar do partido” nun momento no que, segundo explicou, é “moi importante permanecer unidos”. “O voso día a día no traballo ao fronte do Concello de Porto do Son non vos impide estar tamén nas rúas, a pé das necesidades das persoas, pero tampouco vos impide traballar polo partido”, afirmou Calvo, que salientou a importancia de manterse “preto dos cidadáns” porque, dixo, “é o noso deber, un compromiso que adquirimos coas persoas que nos deron a súa confianza nas eleccións”. Pola súa banda, José Luís Oujo destacou que a apertura da nova sede é posible grazas ao traballo de todos os integrantes do partido, aos que lles agradeceu o “esforzo” e o “compromiso” que demostraron para que o local poida ser hoxe unha realidade. “Temos dedicado moitas horas para poder inaugurar esta sede”, indicou Oujo, quen sinalou que o local estará sempre aberto para “escoitar calquera preocupación dos nosos veciños e tratar de buscar solucións ás súas demandas”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

!!!Con 12 afiliados presentes en la inauguración, la sintonía es total!!!JEJEJEJE...