lunes, febrero 10, 2014

O PP DE A RUA CELEBROU O SEU CONGRESO LOCAL

O PP de A Rúa celebrou o seu Congreso Local. A única candidatura que concurría neste proceso, a liderada por Avelino García Ferradal, acadou o 96,88% dos votos emitidos polos compromisarios participantes. O novo presidente local do PP rués agradeceu o apoio recibido á súa candidatura e avanzou que, no seu programa para os vindeiros anos, contempla "un cambio no modo de traballar dentro do partido, contando cos concelleiros e cos alcaldes pedáneos, que pasarán todos eles a formar parte da Xunta Local do PP". Neste cambio de estructura organizativa se establecerán reunións periódicas cada 15 días e antes dos plenos municipais, que se celebran cada dous meses. Avelino García Ferradal puxo o enfoque no traballo que se está xa a desenvolver de cara ás Eleccións Europeas de maio, así como nas vindeiras municipais de 2015. "A día de hoxe, temos o 70% do noso programa electoral en execución, estando o 30% en marcha e pendiente de concretar con outras administracións". Precisamente, Avelino García Ferradal puxo especial énfase na aposta que dende o PP de A Rúa se fai pola colaboración para acadar políticas transversais en colaboración con outras administracións, citando en especial á Deputación Provincial e á Xunta. Por último, o presidente local rués sinalou o impulso que dende o PP da localidade se lle vai dar ás Novas Xeracións do municipio, cuxa representante vai formar parte tamén da Xunta Local do PP: "Traballar, traballar e traballlar vai ser a nosa máxima fundamental", concluiu Avelino García Ferradal. Tralo discurso do presidente local electo, tomou a palabra Alfonso Rueda que agradeceu ao PP de Ourense o intenso traballo orgánico desenvolvido a prol da renovación das xuntas locais dos populares en toda a provincia. Por último, Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local de A Rúa, destacando o intenso traballo desenvolvido no PP desta localidade a aplaudindo o impulso decidido que os populares ruedes pretenden darlle ás políticas de colaboración. "Non esquezamos nunca que a colaboración é a base para poder acadar os obxectivos que se marquen dende calquera administración local", concluiu o presidente provincial.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Vaya rueda de caciques!!