lunes, febrero 17, 2014

NACE NN.XX. DE POL

Mónica Rielo Monasterio asumiu a presidencia de NN.XX. de Pol, esta fin de semana, con ilusión, con gañas de traballar e coa idea de compartir inquedanzas. Da executiva forman parte tamén Thais Teijeiro, María Luna Fernández, Yoana Teijeiro, Lorena Fernández, Laurie León, Andrés Fernández, Soraya Casal, Daniel Ferreiros e Sandra Ferreiros. Na presentación de Novas Xeracións, estiveron presentes Rosa Quintana e José Manuel Barreiro, quen mandou un bonito piropo a xuventude, asegurando que o PP esta vivo “gracias a NN.XX. A recén elixida presidenta de NN.XX. de Pol, máis alá de política, ve na nova xunta de NN.XX a base para unir a xuventude do concello. A creación das NN.XX, en Pol, e unha iniciativa persoal da portavoz do PP, María Ángeles Lenza, conocedora de que o seu concello necesitaba un impulso, que se visen caras novas. Tamen asistiu o acto, Daniel Vega que trasladoulles a máxima dispoñibilidade dende a executiva provincial.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como se pode crear unha NN.XX. do PP de Pol con integrantes menores de 18 anos que carecen do dereito o voto, que nin teñen unhas mínimas ideas claras sobre política e moito menos coñecen as ideoloxías do partido, e forman parte do partido polas ideoloxías que seus pais lles transmitiron?
Paréceme bastante subrealista o caso pola vosa parte.