miércoles, febrero 19, 2014

MAIORIA SI, IMPOSICIÓN NO

“Dificilmente se pode argumentar que estamos ante unha maioría que impón o contido dos plenos ou que incapacita á oposición a controlar e impulsar ao Goberno” cando PSOE, AGE e BNG incorporan 25 das 30 cuestións que se tratarán nos plenos extraordinario e ordinario da vindeira semana. Os deputados do PP defenderán nestas sesións dúas proposicións non de lei instando ao Goberno galego a iniciar a elaboración do novo plan de financiamento universitario de Galicia e a posta en marcha dunha estratexia de apoio ao menor. Pedro Puy concretou que, das 30 cuestións que integran as ordes do día dos plenos extraordinario e ordinario que se celebran a vindeira semana, 10 corresponden ao Grupo Socialista, 7 ao Grupo da AGE e outras 8 ao BNG. Por este motivo, subliñou que “cando un escoita que hai unha maioría de bloqueo ás iniciativas da oposición e o grupo maioritario só presenta a quinta parte dos asuntos que se debaten no pleno, entendo que hai minorías do bloque que queren que a proporción sexa moito maior”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz boh! zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz.zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz....zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz - hay crise Pedro, esperta ho!...zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz...boh!!!