lunes, febrero 10, 2014

CONGRESO LOCAL NO PP DE PADERNE DE ALLARIZ

O Congreso Local do PP de Paderne de Allariz celebrouse esta fin de semana. A candidatura única que concurría foi a liderada por José Manuel Fernández Gómez, que acadou o respaldo unánime dos compromisarios que participaron na votación. José Manuel Fernández Gómez, despois de agradecer o apoio recibido, puxo o acento na valoración da nova Xunta Local de Paderne de Allariz, coa incorporación de xente novae cunha importante presencia de mulleres. "Temos, sen dúbida, a mellor Xunta Local posible. Os integrantes dela teñen valores como a cercanía cos veciños e claridade á hora de explicarlles as medidas políticas que se están tomando, que é o que nos demanda a xente". Fixou tamén os obxectivos inmediatos para Paderne de Allariz: a consecución dun novo centro de saúde; a creación dunha gardería infantil que daría servizo a varios municipios e, sobre todo, o necesario impulso ao Transporte Metropolitano. "Somos conscientes de que para un concello como o noso, a consolidación da área metropolitana de Ourense, cun óptimo servizo de transporte, é fundamental". De feito, José Manuel Fernández Gómez sinalou tamén a importancia de continuar traballando na mellora dos servizos para os veciños e, sobre todo, manter a colaboración entre administracións, clave para acadar estes obxectivos. Tralo discurso do presidente electo, tomou a palabra o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández, quen valorou os obxectivos postos enriba da mesa por parte do responsable dos populares en Paderne de Allariz. Xa por último, Manuel Baltar, sinalou a importancia dos obxectivos marcados polo presidente local, moi especialmente a necesidade de impulsar a área metropolitana de Ourense para mellorar os servizos nos municipios integrantes. Ademáis, incidiu na necesidade de seguir traballando de xeito incansable, coa cooperación como guía, para acadar os obxectivos políticos fixados polo Partido Popular de Ourense, "a forza política que máis se parece aos ourensáns, a única que está sempre ao seu carón preocupándose do que realmente importa: das inquedanzas e problemas dos nosos veciños e veciñas".

No hay comentarios: