lunes, febrero 03, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE VILAMARIN

Auditorio Municipal de Vilamarín acolleu esta fin de semana o Congreso Local do PP. Os compromisarios participantes na votación elixiron por unanimidade a candidatura encabezada por Amador Vázquez Vázquez. O reelixido presidente local sinalou que a candidatura que el lidera está renovada ao 50%, aunando o valor da experiencia co da xente máis nova. No seu discurso, onde agradeceu o apoio sen fisuras que lle brindaron os militantes do PP local, Amador Vázquez desgranou os proxectos para esta nova etapa dos populares. A creación de emprego, co impulso do parque empresarial, é un dos seus piares fundamentais, así como a preservación do Medio Ambiente, con importantes actuacións en materia de saneamento, abastecemento e protección da zona forestal. "Todo esto debe conducir a manter a poboación no noso municipio, onde imos poñer a disposición vivendas de protección para os máis necesitados. E tamén reforzaremos as políticas de benestar Social, porque o noso máximo obxectivo é que os veciños e veciñas de Vilamarín teñan as mesmas oportunidades que en calquera outro municipio. Quero un concello vivo onde a xente se sinta a gusto", sinalou. De feito, tamén fixo referencia ao decidido impulso á cultura e o deporte, co reforzo nas instalacións existentes e a consolidación de eventos tan significativos como as Noites Teatrais do Verán en Vilamarín. Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Jesús Vázquez, e Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local. Manuel Baltar sinalou que "o éxito ou o fracaso depende do feito de escoitar á xente de base e de estar sempre ao seu carón, algo que saben perfectamente en Vilamarín, xa que así o testemuña o apoio maioritario que recibe elección tras elección o alcalde e presidente local".

No hay comentarios: