viernes, febrero 21, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE A TEIXEIRA

A Casa Grande de Cristosende acolleu onte a tarde o Congreso Local do PP de A Teixeira. Os compromisarios deste municipio elixiron por unanimidade a Miguel Cid Álvarez, candidato único que concurría a este proceso electoral interno. O presidente local electo agradeceu o apoio da militancia á candidatura que lidera e manifestou que dende a Xunta Local do PP traballará a prol da mellora das infraestructuras locais, do impulso ás potencialidades de A Teixeira e do apoio ás familias e persoas maiores. "Loitaremos por mellorar o abastecemento na Abeleda, así como por mellorar as vías de aceso ao municipio, sobre todo a carretera provincial". Ademáis, puxo o acento nunha das claves económicas de a Teixeira: a viticultura, precisando que é necesario mellorar os accesos aos viñedos, así como apoiar decididamente aos viticultores da zona. "Tamén é necesario fomentar a implantación e consolidación de empresas artesanais que den saída comercial aos nosos recursos propios, como pode ser o viño ou as castañas", dixo Miguel Cid Álvarez, sen esquecer que a "as familias, e sobre todo as persoas maiores do municipio que viven soas precisan dun maior esforzo nas políticas sociais". O encargado de clausurar o Congreso Local de A Teixeira foi Manuel Baltar, quen subliñou a proposta de "defensa dos intereses da Teixeira, en pé de igualdade cos do centro da capital da provincia" proposta polo presidente local, así como a política con "criterio propio", "porque ninguén mellor que un político local para coñecer de primeira man as necesidades inmediatas e os requerimentos dos seus veciños".

No hay comentarios: