lunes, febrero 24, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE MUIÑOS

Celebrouse o Congreso Local do PP en Muíños, onde Plácido Álvarez Dobaño, candidato único, foi elixido presidente local por unanimidade dos compromisarios que participaron neste proceso de elección.
O seu discurso centrouno en torno a un concepto clave: Equipo. No "equipo" baseou a clave da fortaleza do PP de Muíños, "un equipo con maiúsculas, imbatible, que elección tras elección ven demostrando que o apoio recibido no noso Concello é porque os veciños están satisfeitos coa nosa xestión". Neste equipo que acompaña a Plácido Álvarez ao frente do PP local, conxúganse xuventude e veteranía, "dous elementos que é preciso combinar para ir da man, todos xuntos, cara as solucións que nos plantexan os nosos veciños, que é a verdadeira razón de ser dun político: traballar polo benestar da xente". Por último,  agradeceu a confianza que, "ao longo de tantos anos me destes, para tentar facer o mellor posible polo noso pobo e polo noso partido, aquí en Muíños. Moitas cousas se fixeron e moitas máis quedan aínda por facer; pero pasado, presente e futuro están, indubidablemente, unidas polo equipo".
No seu turno de intervención, o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández, alabou a unión e o traballo en equipo desenvolvido polo PP, tanto en Muíños como en toda a provincia, destacando que os resultados electorais refrendan en cada cita coas urnas o intenso esforzo levado a cabo.
Pola súa banda, Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local, matizou que unha característica moi importante do PP en Muíños "é o seu carácter gañador e incansable, tanto nos momentos doados como nos difíciles, pero en todos eles rexe a máxima da confianza e da unidade. Todos xuntos seguiremos sendo unha forza imbatible".

No hay comentarios: