lunes, febrero 24, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE CUNTIS

Os afiliados do PP de Cuntis elixiron no seu congreso local celebrado á que vai ser a nova xunta directiva local e na que resultou reelixido presidente, Antonio Pena. A candidatura presentada e encabezada por Antonio Pena Abal confórmana ademais: Sonia Miranda, Manuel García, Salvador Pereira, Manuel Bello, Rubén Núñez, José Manuel Rey, Sandra Paramá, Esther Blanco, Pilar García, Aurea Luna, Plácido Carballo, José Manuel Vázquez, Ramiro García, María Luz García, Mª Jesús Conde, Mª Jesús Ferro, Jesús Fojo e José Manuel Magariños entre outros. A encargada de abrir o Congreso foi a presidenta do Comité Organizador do Congreso, María Jesús Conde Rial que deu paso a aprobación da mesa, á lectura do informe de xestión do que se encargou o secretario, José Manuel Magariños, e a continuación deu paso á lectura do comunicado provincial que correu a cargo da vicesecretaria de organización, Eloisa Nogueira. Unha vez que se deu lectura aos nomes das persoas que conformaban a única candidatura presentada, e despois da votación comezou a clausura do Congreso na que participou ademais do presidente local, a voceira do PP de Galicia, Paula Prado e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán.

No hay comentarios: