lunes, febrero 17, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE CATOIRA

Os militantes e simpatizantes do PP de Catoira reelixiron por unanimidade a candidatura de Marcos Coira para continuar á fronte da executiva local durante os próximos anos. O congreso celebrouse esta fin de semana. A candidatura encabezada por Marcos Coira a formaron 13 persoas. O cargo de vicepresidente vaino exercer Manuel Touceda Lajos, o de secretaria, Carmen Sotelo Conde e o de tesoureira María Jesús Loureiro Ríos. Entre os vogais figuran: María Cruz del Oro, Ana Isabel Guillán, Ana Isabel Ruso, Sonia Romero, María Rosa Ferreirós, Adriana Rodríguez, José María Tarrío, Marina García e José Ángel Carou. Marcos Coira, nacido en 1977 e licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, é presidente local en Catoira desde o último congreso celebrado en 2005. Encabezou as listas do Partido Popular á alcaldía de Catoira en 2007 e 2011, e é o actual voceiro do Grupo Municipal Popular. Estaban entre os invitados o Congreso Local o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e a secretaria xeral do PP Provincial de Pontevedra, Rocío de Sinde

No hay comentarios: