lunes, febrero 17, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE CARBALLEIRA DE VALDEORRAS

O xoves, a ultima hora da tarde, da pasada semana, o Centro Social de Sobradelo, acolleu o Congreso Local do PP en Carballeda de Valdeorras. O candidato único, Domingo Fidalgo Gutiérrez, foi elixido presidente local co 100% de apoio dos compromisarios.  Domingo Fidalgo Gutiérrez, durante o seu discurso trala elección, sinalou que o programa do PP local "é moi sinxelo: estar ao carón de todos os veciños e militantes de Carballeda de Valdeorras". Ademáis, precisou que a Xunta Local do Partido Popular "manterá sempre o seu apoio á xestión municipal desenvolvida pola alcaldesa, María del Carmen González Quintela. A nosa labor fundamentarase no día a día cos veciños, coñecendo as súas necesidades e cumprindo os nosos compromisos con eles, do mesmo xeito que viñemos facendo ata o de agora". Por último, Domingo Fidalgo Gutiérrez tamén manifestou o seu desexo de que o resto de administracións presten máis axudas ao Concello de Carballeda de Valdeorras. Manuel Baltar, interviu na clausura do Congreso Local e lembrou a vital importancia para os municipios como o de Carballeda de Valdeorras que ten a cooperación entre administracións, co fin de aunar esforzos polo ben común dos veciños e veciñas. Tamén valorou moi positivamente "o compromiso inequívoco da Xunta Local do PP, liderada polo presidente Domingo Fidalgo, coa xestión municipal levada a cabo pola alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González Quintela. A unión do PPOU é o noso sinal de identidade máis característico".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sr. Baltar! por favor...deixe de tomarnos por tontas e tontos... a sua taifa non existe. Só existe Galicia. Deixese de congresiños locais e de aldea e de tanta fotiño. ¿Como é posible que os 300.000 "ourensanos" teñan máis peso político proporcional np Hórreo ca o 1.000.000 de pontevedreses?