miércoles, febrero 05, 2014

ATAQUE VANDÁLICO A SEDE DO PP DE MONDOÑEDO

O PP de Mondoñedo condenou o ataque vandálico que sufriu o martes a súa sede local ao amencer a fachada con manchas de pintura negra. Os populares explican que non é agradable atoparse con este tipo de actos que son mostra da falta de tolerancia e de respecto e que evidencian un descoñecemento total de cales son os valores democráticos. Dende o PP aseguran que isto non se pode aceptar como unha simple anécdota polo que os populares denunciaron ante a Garda Civil un feito no que, segundo os populares, se intentan impoñer accións que non se poden aceptar como medio de expresión. Máis alá dos danos económicos que pode supoñer esta acción vandálica, os populares consideran necesario que se garanta a liberdade de ideas e máis nun municipio como o de Mondoñedo, característico pola súa tranquilidade. Fronte a este tipo de actuacións, os populares reafírmanse no seu compromiso de seguir a traballar na defensa dos intereses dos veciños e amosan a súa máxima dispoñibilidade a atender ás propostas dos mindonienses.

No hay comentarios: