viernes, enero 10, 2014

XESTORA NO PP DE MUROS

Diego Calvo, asistiu onte á presentación da nova xestora do PP en Muros, aprobada na Xunta Directiva Provincial celebrada o pasado 19 de decembro. A agrupación, presidida por José Vázquez Rama, conta con 26 vogais cunha clara vontade de integración e de dinamismo no traballo. Durante a súa intervención, Calvo salientou a honradez e a xenerosidade de todos os membros desta nova xestora porque, dixo, é froito do diálogo dunha importante cantidade de militante e busca aglutinar a todos os veciños que desexen participar no proxecto político do PP de Muros. Pola súa banda, José Vázquez Rama mostrouse convencido de que con traballo e ilusión o PP será quen de que todos os cidadáns confíen aínda máis nun proxecto que fixa o seu primeiro obxectivo nas próximas eleccións europeas. “Estaremos nas rúas, sabendo e escoitando cales son as necesidades dos nosos veciños para traballar por eles”- Respecto á actualidade municipal, Vázquez Rama criticou “a actitude caciquil dunha alcaldesa que goberna en minoría e actúa como se o Concello fora da súa propiedade”. A Vazquez Rama o acompañan na xestora: Gladys Bermúdez Siaba ,José Manuel Bermúdez Siaba, Ramón Castro Tajes, Manuel Codesido Lorenzo, Angel Manuel Fernández Lago, Juan Carlos Fernández Lago, Ramón Fernández Santiago, Angel Figueiras Fernández, Ramón Formoso Blanco, Ramón Freire Martínez, Ramón Freire Priegue, Esteban Lago Martínez, Manuel Lamela Formoso, José Atilano López Díaz, Mª José Martínez Martínez, Mª Teresa Mayo Freire, Gabriel Monteagudo Romero, Mª Inés Monteagudo Romero, Miguel Prado del Río, Amalia Rebollido Lado, Juan Domingo Rey Lestón, José Antonio Sande Trillo, José Antonio Siaba Cernadas, Recesvinto Tajes Lestón, Mª Alianza Uhia Patiño y Manuel Vigo Piñeiro.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

http://www.alternativaespanola.com/

Anónimo dijo...

¿A que andará o falso de Campana? ¿Cando se dará conta o partido do parásito que teñen ás súas costas?

Anónimo dijo...

¿Donde quedó Daniel Formoso?¿ya no rema en las mismas aguas?.¿Donde estaba el coordinador comarcal popular Santiago Freire?missing...