martes, enero 07, 2014

TRES MIL QUILOS DE SORRIOS

Tres mil quilos de alimentos, roupa e xoguetes doados por centenares de persoas anóminas foi o balance da Campaña Solidaria de Nadal realizada desde o pasado 7 de decembro por NN.XX na provincia de Pontevedra baixo o lema "Axúdanos a repartir sorrisos". A totalidade da colecta acumulada durante as tres últimas semanas será distribuída entre familias necesitadas e organizacións de axuda ao necesitado. Así se puxo de manifesto hoxe no acto simbólico de peche de campañs que se desenvolveu na sede do PP de Vigo. Diego Gago, destacou a tradición na que se convertiu esta campaña entre os mozos da provincia. "Levamos anos organizando esta acción solidaria e debemos recoñecer que a resposta da xente é excelente o que nos anima a continuar con este labor nun futuro". Da mesma forma se expresou o presidente local de NNXX de Vigo, Alejandro Pérez, que agradeceu a "participación solidaria da xente, algo que ao seu xuízo demostra a "sensibilidade dos cidadáns en momentos difíciles como os que estamos a vivir na actualidade". Habilitáronse en toda a provincia unha decena de puntos de recollida que a partir de hoxe mesmo distribuirán os alimentos e a roupa entre as familias con necesidades e organizacións non gubernamentais. A recollida de alimentos non perecederos e xoguetes en bo estado desenvolveuse de forma ininterrompida durante o mes de decembro. O chamamento dos mozos foi destinado a todos os cidadáns para que aportaran alimentos, (sobre todo leite, cereais ou aceite) así como tamén roupa ou xoguetes en bo estado para poder facerllos chegar a colectivos benéficos e que eles os distribúan entre os nenos que o precisen. A campaña "axúdanos a repartir sorrisos" desenvolveuse en toda a xeografía galega onde está presente Noxas Xeracións. En pasadas edicións, a mesma organización xuvenil do PP colaborou con numerosos comedores sociais e colectivos benéficos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

http://www.alternativaespanola.com/