miércoles, enero 15, 2014

PULPADA A CAMBIO DE XANTAR COS XUBILADOS

O PP de Pol vén de rexistrar unha moción, para o seu debate no vindeiro pleno municipal, na que insta ao alcalde a manter o tradicional xantar cos xubilados que, cada ano, organizaba o Concello. Ángeles Lenza lembra que o alcalde socialista, decidiu suprimir esta actividade para dar cobertura e substituíla pola pulpada que se organizou o pasado venres con ocasión da visita á localidade de Jose Ramón Gómez Besteiro. Os populares non comprenden a decisión do alcalde que consideran inxusta e lembran que moitos veciños xubilados do municipio nin tan sequera participaron na pulpada pois descoñecían que con esta se pretendía substituír á cita anual dos xubilados. Ángeles Lenza foi aínda máis lonxe na súa valoración e tras lembrar que moitos dos asistentes á pulpada nin tan sequera eran residentes en Pol pediu que o custe no que o Concello ten incorrido debería ser asumido polo PSOE, pois se trataba, intentaran ou non disfrazalo, dun acto político e partidista e non institucional. A iniciativa do PP de Pol e de xeito construtivo, e evita afondar na polémica pulpada para limitarse a instar ao Concello a dar continuidade ao tradicional xantar con xubilados.

No hay comentarios: