viernes, enero 17, 2014

O PPOU TRABALLANDO NAS EUROPEAS

Membros do Comité de Campaña do PP de Ourense para as Eleccións Europeas mantiveron onte unha reunión preparatoria na sede dos populares ourensáns para continuar definindo aspectos de cara aos comicios previstos en maio. Neste encontro, que estivo presidido polo coordinador do devandito comité, Jorge Pumar, así como polo secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, serviu para ir fixando cuestións relativas á vindeira campaña electoral. Ademáis de ratificar a solicitude, realizada ante a sede nacional en Génova, da presencia de cargos orgánicos para apoiar a vindeira campaña, tamén se ratificou a proposta de desenvolvemento dun acto sectorial estratéxico centrado nas políticas sociais. De feito, os actos sectoriais e especializados serán unha das claves da campaña dos populares ourensáns. O encontro tamén serviu para ir perfilando aspectos do programa electoral que, por primeira vez, incluirá propostas de ámbito rexional. Dende o Comité de Campaña do PPOU se fixaron tres medidas claves que beneficiarían aos intereses da provincia de Ourense e que os populares ourensáns suxiren que sexan incluidas no programa electoral: Medidas específicas para a reactivación demográfica., un Plan Estratéxico de Políticas Sociais e o apoio ao Termalismo como fonte de riqueza e de desenrolo económico.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Menuda pandilla la de la foto. Yo no entraría en esa habitación sin al menos cuatro guardias civiles detrás. ¿Donde está o neno Baltar? ¿Tan de perfil se pone ahora para que le perdonen el apellido? Lo único que me cuadra es lo de las medidas específicas para la reactivación demográfica...

Anónimo dijo...

Quen será o neno gili...tan acobardado, que escribe ter medo?

BETADINE dijo...

NON O SEI PERO É MOI REPETITIVO, O UNICO KE PODO DECIR POLA MIÑA PARTE.
SON DO MELLOR DO PARTIDO.
SENON OS MELLORES, SALVO O MORTADELO..

DOS DEMAIS DESEXARVOS SORTE

E DECIRVOS KE AFRONTADES O RETO NO PEOR MOMENTO POSIBEL, SOAMENTE PARA OS MELLORES..
E UN RETO GAÑAREMOS NON TEÑO NIN A MENOR DUBIDAD..
PERO PARA OUTRAS ELECIONES VEREMOS COMA ESTA TODO
HALA UNHA APERTA E FELIZ 2014

Anónimo dijo...

Betadine fala mais claro que o ostiazo padre que se van pegar e de ordago ,vaia marrón lle meteron a istes por iso non aparece o Baltarin,pra salvarse da quema o espabilao.