martes, enero 21, 2014

O PP SEGUE SOLO NO RECORTE DE DEPUTADOS

Pedro Puy, lamentou que os grupos da oposición “non compartan nin queiran falar co PP sobre a idea de redución do número de deputados, nun momento no que toda a sociedade e as administracións públicas están a facer un esforzo de contención no gasto e mellor uso dos recursos públicos”. Porén, anunciou que se porá “de novo en contacto co Grupo Socialista para ver se mudou en algo a súa postura ou teñen algo máis específico que aportar a este debate”. Pedro Puy sinalou que a convocatoria da Deputación Permanente para o vindeiro xoves 23 de xaneiro, ás 12 horas, para debater a solicitude do Grupo Socialista de convocatoria dun pleno extraordinario, súmase á intensa actividade parlamentaria desenvolvida ao longo do presente mes de xaneiro, coa celebración de cinco sesións da Comisión de estudo para a elaboración dunha nova Lei do Solo, dúas sesións da Comisión de estudo de Seguridade Viaria, outras dúas sesións da Comisión de estudo sobre a igualdade e os dereitos das mulleres e unha reunión da Comisión para o seguimento das políticas relativas á discapacidade, ademais da Xunta de Portavoces celebrada a pasada semana. “O Grupo Popular está traballando con intensidade tratando que avancen estas comisións para a consecución dos obxectivos que se marcaron no momento da súa constitución, buscando acordos nestas cuestións relevantes para a cidadanía de Galicia”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

pero Pedriño home, es que no te das cuenta...reducir esta bien, pero para salvar la autonomía sería conveniente que el PP con la mayoría que tiene, promoviera la supresión o reducción de los diputados provinciales: vergonzosamente todavía de elección indirecta todos!!!. Pensa home pensa...