viernes, enero 31, 2014

O PP DE LUGO TIRALLE DO FIO A BESTEIRO

As pescudas do PP de Lugo, ante a negativa do Presidente da Deputación, Jose Ramón Gómez Besteiro, a dar a cara e explicar as axudas concedidas ao sindicato UXT, dan como resultado o achado dunha nova subvención, directa e excepcional, outorgada por Besteiro en 2011, con cargo á Deputación e en beneficio do sindicato socialista. En concreto, a administración provincial resolvía por Decreto e a través do hoxe desaparecido Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), organismo dependente da Deputación, conceder unha axuda “a MCA-UGT Galicia por importe de 3.000 euros baixo o concepto 3º Comité Nacional”. Cómpre lembrar que se trataría dunha nova achega á que habería que sumar ás facturas abonadas en 2013 pola Deputación de Lugo, por importe de 7.338,97 euros, e a través das que o líder do PSOE invitou a comer a 288 sindicalistas de UXT. Tamén naquela ocasión este desembolso económico foi xustificando baixo o pretexto de gastos de organización do Congreso, pero en concreto, serviu para abonar os gastos do festín, circunstancia que, segundo sospeitan e queren aclarar os populares, puido volverse a dar en moitas ocasións máis. O PP denuncia a falta de transparencia e explicacións de Besteiro, e xa adiantan que seguirán presentando novas iniciativas de control e realizando unha supervisión exhaustiva das subvencións outorgadas de xeito excepcional e directo así como doutras achegas similares. Como apoio documental á denuncia pública efectuada, o PP achega copia do Boletín Oficial da Provincia de Lugo que, con data 28 de febreiro de 2012 publicaba esta nova axuda directa e excepcional concedida un ano antes polo INLUDES e abonada a UXT con cargo aos fondos públicos provinciais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

UNA SUBIDA DEL 20%
Los autónomos reciben el nuevo 'palo' fiscal de Rajoy: cuota de 314 euros al mes
Los autónomos societarios y los que tienen más de 10 trabajadores pasan a pagar 50 euros más al mes, una subida del 20% en su cuota.

http://www.libremercado.com/2014-01-31/los-autonomos-reciben-el-nuevo-palo-fiscal-de-rajoy-cuota-de-314-euros-al-mes-1276509605/