lunes, enero 27, 2014

NOVO PRESIDENTE LOCAL NO PP DA CAÑIZA

Miguel Domínguez será a partir de agora o novo presidente local do PP da Cañiza, tralo congreso desta fin de semana no Hotel o Pozo da Cañiza. Os afiliados e militantes déronlle o seu apoio á única candidatura presentada polo que é alcalde da Cañiza desde as pasadas eleccións municipais nas que obtivo maioría absoluta. Así, Domínguez substituirá desta forma a César José Mera Rodríguez, ata o de agora presidente local da formación popular desde hai máis de 30 anos, pois o último congreso celebrado data de 1990. No acto de clausura participou Rafael Louzán e o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez.

No hay comentarios: