lunes, enero 20, 2014

NA BOA DIRECCIÓN

“Na Boa dirección” é o lema que o PP de Pontevedra escolleu para os 21 congresos locais aprobados no último comité executivo provincial do partido celebrado en decembro e que se van celebrar en toda a provincia. O lema escollido para todos eles é idéntico ao que actualmente utiliza o partido a nivel nacional para resumir os avances e solucións do goberno de Mariano Rajoy para saír da crise e que indican que o país avanza no camiño correcto. O formato dos actos, a imaxe e os fondos que se utilizarán será tamén os mesmos en todos, co fin de evitar custos adicionais. O primeiro congreso foi o do PP de Moraña este sábado. A única candidata foi a alcaldesa e actual presidenta da xestora do PP local desde 2010, Luisa Piñeiro Arcos. Mentras que o domingo celebrouse o IV Congreso local do PP de Rodeiro, o único candidato á presidencia local do partido foi o alcalde, Luís López. O sábado 25 de xaneiro celebrase o de Marín, ás 17,00 horas na biblioteca municipal. Está por confirmar a asistencia á clausura DE Feijoo. A candidata á reelección a presidir o partido é, coma nos casos anteriores a actual alcaldesa María Ramallo, presidenta local do partido desde o ano 2000. O próximo día 23 remata o prazo de presentación de candidaturas e dos avais necesarios ante o Comité Organizador do Congreso que está presidido por Pablo Novas Caballero. Despois desta primeira quenda no mes de febreiro celebraranse os congresos de Catoira, Moaña, A Estrada, Cuntis, O Covelo e Agolada.

No hay comentarios: