martes, enero 28, 2014

MAIS CONGRESOS LOCAIS NO PPOU

Onte na sede do PP de Ourense, Manuel Baltar, presidiu a reunión da Xunta Directiva do PPOU, na que tamén participaron os deputados nacionais do PP pola provincia, Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Belén Vázquez, para dar conta da súa actividade parlamentaria no Congreso dos Deputados. Neste encontro, que se desenrola periódicamente, se analizaron tódalas cuestións relativas á actividade do PP de Ourense. Un dous puntos máis salientables que se abordou foi a aprobación do calendario de once novos congresos locais durante o vindeiro mes de marzo. Así, quedou fixado que en O Bolo será o día 6 de marzo. Ao día seguinte, serán en Sarreaus (pola mañá) e Avión. O día 8 de marzo acollerá o de San Cristovo de Cea, en horario de mañá, e o de San Xoán de Río pola tarde. O responsable local dos populares en Castro Caldelas será elixido o día 20, mentres que en Larouco se procederá á elección o día 26 de marzo. Ao día seguinte, a cita congresual será en Padrenda, mentres que o día 28 é a data fixada para o congreso local de Bande. Ríos e Porqueira celebrarán os seus congresos o día 29 de marzo, o primeiro en horario de mañá e o segundo en quenda de tarde. Manuel Baltar, salientou ante os membros da Xunta Directiva do PPOU que a fase de renovación das 92 xuntas locais do partido está desenrolándose con total normalidade e seguindo o cronograma fixado nas súas propostas de goberno tralo Congreso Provincial do mes de marzo de 2013. Ademáis, lembrou o compromiso de que antes das eleccións europeas, en maio, se terán celebrados 40 congresos locais na provincia.

No hay comentarios: