miércoles, enero 22, 2014

LUISA PIÑEIRO SEGUE DE PRESIDENTA DO PP DE MORAÑA

Luisa Piñeiro seguirá dirixindo o PP de Moraña. Os militantes do PP na localidade depositaron a súa confianza na que é alcaldesa de Moraña desde as pasadas eleccións municipais de 2011 e que foi ata agora e desde abril de 2010 a presidenta da xestora do PP local. Na clausura do congreso participou Alfonso Rueda e Rafael Louzán. Este ultimo, destacou o labor de Piñeiro á fronte do concello, “saíndo á rúa, escoitando aos cidadáns e intentando buscar solucións ás súas peticións e problemas”. A candidatura presidida por Luisa Piñeiro e apoiada polos afiliados está formada por un total de 25 membros. O cargo de secretario vaino exercer Jorge Caldas Domínguez e o tesoureiro será, como ata o de agora, José Cela. Con cargo de vogais figuran: Mónica Monteagudo, Sergio Rubianes, Eliana Rubianes, Adonis Señoráns, Fernando Garrido, Yolanda García, Vanesa Oliveira, José Moisés Cerviño, Lucía Domínguez ou Belén González. Unha lista que inclúe tamén a: Celso Simón Freijo, José Manuel Portela, José Francisco Baños, Manuel Ruibal Calvo, Gonzalo Brea Caramés, Serafín Lois, Gonzalo Gamallo, Américo Pacheco, Manuel García Argibay, Rocío Lorenzo Pérez, Ramón Souto, Pedro Souto e Pilar Piñeiro

No hay comentarios: