viernes, enero 24, 2014

LOUZAN ACLARA O ASUNTO DE A LAMA

Louzán explicou en rolda de prensa a preguntas dos xornalistas que o concelleiro da Lama, Juan Carlos Piñeiro, que está neste momento en México xa renunciara á tenencia de alcaldía e á dedicación que cobraba. Non se sabe aínda se a súa permanencia neste país vai ser definitiva, aínda que se consolida a oferta de traballo que ten, por coherencia, renunciará á acta de concelleiro. Louzán valorou ademais a traxectoria política e profesional deste concelleiro, que foi, segundo el, un gran traballador do Concello, Sinalou ademais que este concelleiro comunicou na sede provincial do PP de Pontevedra a súa marcha ao estranxeiro nunha reunión mantida no mes de decembro na que tamén estivo presente o alcalde da Lama, Jorge Canda. Louzán restoulle importancia a esta cuestión ao tratarse dunha situación temporal e ao feito de que non cobra na actualidade ningún tipo de retribución. E incidiu en que se a decisión de quedar en México é firme, o concelleiro renunciará á súa acta. Nesta liña explicou que non é a primeira vez que acontece un caso parecido, xa que un edil doutro concello e doutro partido ausentouse por 9 meses, e non pasou nada. Aínda que matizou que se ben non era membro do equipo de goberno pero si da corporación, pero que tampouco cobraba ningunha dedicación.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Venga Baltar, acláranos esto:

Un funcionario jefe de la Diputación, primer imputado por el presunto fraude a la UE


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/24/funcionario-jefe-diputacion-primer-imputado/953769.html

Anónimo dijo...

El Partido en la provincia se le va de las manos a Louzán: A Lama, Crecente, Vigo... Sanxenxo....

Anónimo dijo...

Máis que Baltar, que vaia a Ourense Besteiro, Pachi ou quen se tercie para que nos digan qué pasa no concello de Ourense. E que vaia rapidiño... Imputados e desgoberno.