lunes, enero 13, 2014

CONVENCION NACIONAL DO PP EN VALLADOLID

O PP celebrará unha Convención Nacional en Valladolid os días 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro. Desta maneira, o PP trasladará á sociedade española propostas para profundizar na senda da recuperación, e lograr así o crecemento económico e a creación de emprego. Así mesmo, farase un balance das reformas levadas a cabo polo Goberno de Rajoy. Ademais, na Convención tamén se presentará un Manifesto Electoral que recollerá as liñas e directrices básicas do programa que o PP prepara para os próximos comicios ao Parlamento Europeo, unhas eleccións nas que se falará de España. María Dolores de Cospedal, encargarase da coordinación dos traballos de elaboración do Manifesto Electoral. Á fronte das tarefas de coordinación da redacción de cada un do tres relatorios atópanse os vicesecretarios xerais do PP. Así, o coordinador do relatorio “España sociedade do benestar” é o vicesecretario de Política Autonómica e Local, Javier Areas. Nos traballos de elaboración participarán como relatores Pedro Antonio Sánchez, conselleiro de Educación, Universidades e Emprego de Murcia; Concepción Gamarra, alcaldesa de Logroño; Francisco Javier Núñez, presidente da Deputación de Albacete; e Ignacio García de Vinuesa, alcalde de Alcobendas. O coordinador do relatorio “España unha gran nación” é o vicesecretario de Estudos e Programas, Esteban González-Pons. Nas tarefas de redacción traballarán como relatores Fernando Manzano, secretario xeral do PP de Estremadura e presidente da Asemblea de Estremadura; Dolors Montserrat, deputada do GPP por Barcelona; Margalida Durán, presidenta do Parlamento Balear; e Antolín Sanz, senador do GPP por Ávila. O coordinador do relatorio “España crecemento e emprego” é o vicesecretario de Organización e Electoral, Carlos Floriano. Dos traballos de elaboración ocuparanse como relatoras Asier Antón, secretario xeral do PP de Canarias; Íñigo da Serna, alcalde de Santander; José Enrique Fernández de Moya, presidente provincial do PP de Xaén e alcalde da capital andaluza; Roberto Bermúdez de Castro, conselleiro de Presidencia e Xustiza e portavoz do Goberno de Aragón. No Manifesto Electoral colaborarán como relatores José Antonio Bermúdez de Castro, secretario xeral do GPP no Congreso e deputado por Salamanca; Rita Barberá, alcaldesa de Valencia; Alfonso Fernández Mañueco, secretario xeral do PP de Castela e León e alcalde de Salamanca; e Alfonso Rueda.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Caos por la poca transparencia de plazas. Ninguna provincia gallega sabe si podrá llevar gente. Sólo los natos están invitados. Muy injusto para el resto de afiliados!!!!!!! Así va a hacer campaña por ellos su madre.