jueves, enero 16, 2014

CONSTITUIDO O GRUPO TERRITORIAL DE SENADORES POR GALICIA

Feijóo sinala que o Grupo Territorial de senadores por Galicia seguirá, como fixo Fraga, a defender a Galicia dentro da pluralidade de España ante os que inventan unha realidade distinta á que une. Así se expresaba en Vilalba, onde se constituíu formalmente o susodito grupo do Senado, cuxo voceiro será Enrique López Veiga. No acto tamén participaron o voceiro dos senadores, Xosé Manuel Barreiro, e o secretario xeral do GPP no Senado, Antolín Sanz. Alí, Feijoo quixo facer un recordatorio especial a Fraga, a quen posteriormente lle dedicaron unha ofrenda floral ante o seu busto na Alameda de Vilalba no día que se cumpren dous anos desde o seu pasamento. Para Feijóo, Fraga é un exemplo moi valioso para entender Galicia dentro da realidade plural de España. Fraga ensinou que dedicar os esforzos a dividir á sociedade é facerlle un fraco favor á xente que quere vivir pacificamente. Neste senso, apuntou que hoxe existen catro maneiras de concibir politicamente a nosa terra. A dos socialistas, que só busca a rendibilidade electoral, por iso defenden unha cousa en Madrid e outra en Cataluña e non se mollan ante os problemas; a do nacionalismo, que non se decata que ese sentimento é minoritario en Galicia; ou a que entrou recentemente no arco parlamentario, que non se sabe qué ideoloxía defende pero achégase ao antisistema. Ningunha destas tres conseguiu xamais o apoio maioritario dos galegos, como si o logrou a maneira de concibir politicamente Galicia do PP, que é o galeguismo. Segundo Feijóo, os populares non aceptan, ao igual que Fraga, que ninguén lles diga cómo querer á súa terra; nin fan seguidismo de quen quere levantar muros; nin aceptan antepoñer territorios ás persoas, porque son as persoas, co seu progreso e realización persoal, as que fan máis competitivos e as que garanten o futuro dos seus territorios.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Constatación de la inutilidad y el despilfarro que supone el Senado y que el PP se niega a suprimir vía reforma de la Constitución. Reforma que ya se hice dos ó tres veces sin problema alguno.

Pero claro, hay unos cuantos mangantes carcamales que hay que tener contentos y mantenidos con el dinero de todos cobrando un pastizal

Anónimo dijo...

pues es una buena idea, mantener el legado de nuestro presidente fundador.
Felicidades por la idea.

Anónimo dijo...

http://www.alternativaespanola.com/

http://www.votoenblancocomputable.org/


Partido VOX
Ortega Lara y Santiago Abascal presentarán su partido político el jueves en Madrid
http://www.elconfidencial.com/espana/2014-01-14/ortega-lara-y-santiago-abascal-presentaran-su-partido-politico-el-jueves-en-madrid_76081/

Anónimo dijo...

Una mierda de servicio... ¿que puede hacer un tía como Dolores Pan? N-A-D-A

Anónimo dijo...

Zánganos por Galicia!!! Hablemos con propiedad