lunes, enero 27, 2014

CONGRESO LOCAL NO PP DE LAZA

Celebrouse esta fin de semana o Congreso Local do PP de Laza. José Ramón Barreal Novo, que encabezaba a candidatura única que se presentaba, alcanzou o apoio unánime dos compromisarios que depositaron os seus votos. José Ramón Barreal Novo, tamén alcalde de Laza, agradeceu o respaldo á súa candidatura e lembrou que un dos seus principais compromisos se basa na aposta decidida polo Turismo nesta localidade. De feito, o novo presidente local avanzou que o seguinte paso será impulsar a restauración e hostelería local para atraer turistas a este novo parque temático multiaventura. Non deixou José Ramón Barreal de agradecer o apoio incondicional dos militantes e afiliados populares, explicando cun símil a súa concepción da política. Por último, manifestou o seu firme compromiso co impulso á xente moza do municipio e coa atención especial aos maiores. Pola súa banda, Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local do PP en Laza trala intervención da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. Baltar agradeceu o compromiso e o traballo do presidente local electo a prol das políticas de colaboración.

No hay comentarios: