miércoles, enero 22, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE RODEIRO

O PP de Rodeiro celebrou o IV congreso local, onde Luís López foi reelixido presidente. Foron os afiliados e militantes do PP neste concello do Deza, os que de xeito directo, decidiron que López, único candidato que se presentou a dirixir o partido a nivel local, continuase liderando esta agrupación, un cargo que viña exercendo desde xuño de 2008, data de celebración do último congreso local. No acto de clausura participaron Rafael Louzán e Xosé Crespo, que coincidiron ao destacar o gran traballo de López á fronte da alcaldía, cargo que ostenta desde as pasadas eleccións municipais. O presidente da mesa foi o exalcalde popular, Eliseo Diéguez e ao acto asistiron os alcaldes e presidentes locais do PP da comarca así como outros cargos electos do partido. A candidatura presentada por López e respaldada polos veciños está composta 24 persoas, homes e mulleres de todas as idades, con diferentes perfís profesionais e que dan cobertura a todas as parroquias do concello.

No hay comentarios: